viernes, 27 de junio de 2008

Esta noite é Noiteboa



Chega o Señor. Agora xa non hai volta atrás. Tedes feito acto de contrición? Estades xa confesados e absoltos? Purificados? Pobres daqueles que inda persisten no pecado, porque el, que o ve todo, castigaráos cun concerto acústico, eterno e insoportable. Como os Adventistas Dylanianos non somos xente rencorosa, deixámosvos levar ao inferno un exemplar de La Voz de Galicia, para que disfrutedes das crónicas envexodylanianas dese peazo periodista.

Por outra banda, aqueles que viven en Dylan, disfrutarán hoxe da visión gozosa do Pai, sentarán á súa diestra (máis ou menos, inda que é zurdo) e vivirán eternamente nun ceo musical sen igual. Sodes moitos os chamados e tamén os elixidos (con entrada).

Recomendación para todos vós (nós): o importante é participar, así que coidadiño na (auto)estrada, que vos quero ver a todos alí. Que non falte ningún!

Quedade con Dylan.

6 comentarios:

ummagumma dijo...

O final non foi noiteboa,mais ben unha semán santa resumida en 90',excepcional o encontro co señor,estreno mundial de 'handy dandy' e un 'ain't talking'que me deixou servido para os pròximos 10 anos.

Anónimo dijo...

Yes. O Under the Red Sky é un dos meus discos favoritos e últimamente parece que está a ser máis valorado. Alédome, porque coido que paga a pena e é unha mágoa que ese feixe de boas cancións caiga no esquecemento da inxuria o rudo encono.
E ise Ain't talkin' semella que deixou encandilado a máis dun.
Dylan vive!

R.R. dijo...

¿Qué? ¿Non haí crónica?

ummagumma dijo...

podes mirar aquí:www.pubummagumma.blogspot.com e aquí: www.expectingrain.com

Anónimo dijo...

Gracias, Unmagunma, as ligazóns caralludas, pero era por ver se O Vicario se estira...

O Vicario dijo...

Alédame saber que estabamos todos (inda que algún fiel chegou algo tarde...).
Xa sabía eu (para iso son O Vicario) que habiamos de sentar a esquerda do Pai, que para algo é zurdo.
A ver, Umaguma (por abreviar), xa estiven na súa blog e puiden ver que se puxo vostede demasiado preto do Pai. Non lle imos poñer penitencia porque vemos que xa fixo acto de contrición e non o vai volver facer (ademais, se pasamos polo seu pub agardamos ser invitados e non nos imos levar mal). Se tivera lido vostede a Pitita Ridruejo, sabería que as aparicións hainas que ver desde unha certa distancia.
r. r.: sexa paciente (doente?), meu fillo, sexa paciente (doente?)