viernes, 20 de junio de 2008

Carta de Deus



¡¡¡Deeeuuuss estaáááá aquíííí.
vinde aaaadoooradooreees,
aaaaadoreemooosss a Dylan in persoooon!!!


Seino: a música non é apropiada, pero cantada con ledicia expresa moi ben o arrobo do dylanianoniano cando abriu o sobre. Ademáis, as cancións de Dylan que usan a palabra ticket, ou falan dun ticket para ir ver un cretino (e comparar sería herexía) ou de tickets para asistir polo morro á voda do fillo dun senador.

Nota para quen non coñeza a copla malamente traducida: imaxinen un coro de beatas tentando aburrir un cura. Esa é a música.

2 comentarios:

Ana Bande dijo...

Señor vicario. Quero confesar, estou en pecado mortal. Prégolle me dea cita para descargar a miña conciencia. Logo de visitar este seu fermoso libro de horas sinto que estou en débeda con deus e non quixera comulgar o día 27 con esta carga.

O Vicario dijo...

Srta. Bande: Se o seu acto de contrición é sinceiro, nada debe temer. Apréndase as cancións da lista (podería pasar con escoitalas, temos unhas bulas baratísimas, vostede saberá) e cante tres Mightyqueentheskimos e dous maggiesfarms.
Quede con Dylan.