lunes, 23 de junio de 2008

Santos do día



San Blogüinindegüind, evanxelista.

Fillo do propio Bob Dylan, foi o primeiro en saír polo mundo adiante proclamando a nova verdade aos xentís. Malia o seu fundamentalismo folk, segue a gañar adeptos á causa polo mundo adiante. Non é santo da devoción de todos, pero aí está.

Iconografía: Un mechero encendido entre varios miles deles.

9 comentarios:

R.R. dijo...

Discúlpeme, señor vicario, se esta non é a sala de confesións, pero necesito a absolución para min e todo o meu vecindario.
Vivo nunha aldea na que xusto o día 27 se lles ocorre facer a festa. ¿Cómo debo actuar? Aínda tendo claro que teño que ir a Vigo pregúntome: ¿debo abandonar esta comunidade pecadora?

Adxunto enlace á proba do pecado:

http://s1.subirimagenes.com/otros/previo/thump_665890pecadores-en-festa.jpg

ummagumma dijo...

Temos descargas gratuitas de dylaniedades en galego aquí:
www.7lvvas.net

O Vicario dijo...

Sr. r.r.: O pecado habita entre nós. Atópase vostede nun problema moi habitual nestas terras: dúas ou máis festas á vez. É o que hai. Non puiden acceder ao seu enlace, pero imaxino unha paparotada de moito carallo. A tentación é enorme.
O meu consello. Vaia a ver a Dylan. Recolla alí ás Táboas da Lei e logo volva. Van ficar impresionados co seu novo peiteado ao Charlton Heston. Tire aló as táboas todo cabreado e coma as sobras que as súa dona teña recollido antes nunha bolsa de plástico tipo "é para o can".
Amén.

O Vicario dijo...

Umaguma (por resumir): escoitei algo. Alédame ver que temos feligreses por aí. Non esqueza a epifanía. Aló nos vemos.

O Vicario dijo...

Sr. r.r.: O pecado habita entre nós. Atópase vostede nun problema moi habitual nestas terras: dúas ou máis festas á vez. É o que hai. Non puiden acceder ao seu enlace, pero imaxino unha paparotada de moito carallo. A tentación é enorme.
O meu consello. Vaia a ver a Dylan. Recolla alí ás Táboas da Lei e logo volva. Van ficar impresionados co seu novo peiteado ao Charlton Heston. Tire aló as táboas todo cabreado e coma as sobras que as súa dona teña recollido antes nunha bolsa de plástico tipo "é para o can".
Amén.

canceleiro dijo...

Sr Vicario, xa teño mercada a entrada para o templo do Señor o próximo venres.

Estou a facer a miña preparación para o grande día escoitando e escoitando os diversos capítulos da biblia dylaniana pero teño medo, din por aí que ponse de costas (e se non é el e é un imitador?) e que non toca as cancións coñecidas (arredemo!!!, para qué entón tantas escoitas?). Así que Sr Vicario séntome perdido no meu camiño hacia Deus, que é de facer?

Estou a coleccionar as entregas da Biblia que publica os venres a Voz que ben valen a pena, as coñece vostede? Bo precio, mellor presentación...

Saúdos dylanianos

R.R. dijo...

¡Que si, que si, señor Vicario, tampouco fai falta que insista!

R.R. dijo...

Ah, por certo: o que aí había era o cartel das festas da miña aldea: misa, churrasco e verbena. ¿Hai algo máis que isto e Dylan?

R.R. dijo...

Segue sen verse: o demo non sei, pero deus existe.