miércoles, 25 de junio de 2008

Qué canción é esta?



Esa será a frase máis escoitada durante a Epifanía ou Epifonía. Moitos tentarán non pronunciala e farán como que si, pero non. Non. Todos nos imos perder nalgunha das 17 cancións interpretadas polo Señor, polo menos no principio, e tardaremos (uns máis, outros menos) en recoñecelas. Non se hai que avergoñar. E lembrade: esto é unha Epifanía ou Epifonía, non un concurso nin un exame. Disfrutade do concerto que é ao que imos. Que non recoñecedes a canción ata que empece a cantar? Tranquilos, irmáns. Non pasa nada. É moi posible que algún dos músicos tampouco. Ata é posible que o Noso Señor non decida que canción cantar ata que, tras escoitar os primeiros compases de Netty More, diga: "hostia! Qué ben entraba aquí agora I ain't gonna work on Maggie's Farm no more".

Así é el. Dylan. Qué grande!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois a min faime moita gracia xogar a ver se son quen de saber qué carallo está cantando este home.