martes, 1 de julio de 2008

Erros teolóxicos


Erro 1: "Dylan non mira para o público". Claro. É que a aparición é el, non nós. Nós pagamos por velo. El cobra. Nós viaxamos 200, 300 o mil quilómetros para velo. El nin sairía á fiestra para vernos pasar. El escribiu Leopard Skin Pill Box Hat. Nós non.

Erro 2: "É difícil recoñecer as cancións". Debe ser. E moito. Na Coz de Galicia o inclito e marabilloso periodista que cubre o paso do Noso Señor pola terra dixo que tocou Blues in Earth. O do Qué País!, que tocou unha estraña (para min estrañísima) versión de Hey, Joe. Pois qué ben.

Erro 3: "Foi moi puntual". O concerto era ás 9:30. Púñao en tódolos sitios. Outra cousa é que por aquí haxa que poñer os concertos ás 12 da noite para que a xente vaia chegando á 1:00 e o intérprete suba ao escenario á 1:30.

Erro 4: "Aquelo era un xeriátrico". Sen ser un erro moi claro, aló había xente de tódalas idades, e por preto do escenario a media de idade reducíase moito. A barra si que pareceía un chiringuito de Benidorm.

Erro 5: "Non tocou Hurricane". Pois non. Nin Just Like a Woman. Nin Cat's in the Well. Non pode tocar todas. Son como 500. Inda estaríamos alí. Podería ser, pero non. Qué mágoa.

Erro 6: "Non habería máis de 7 ou 8000 persoas". Abondas. O Noso Señor, en contra da lóxica do marquetin das estrelas do rock, baseado en non deixarse ver demasiado polos foros, actúa 13 veces na Península e a xente, normal, agarda a que pase por preto súa casa (Springsteen dixit).

Te alabamos, Dylan.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

erro 3: é mentira, en máis dun xornal puña ás dez e media e, tendo en conta que había teloneiro, todo encaixaba. amais, se chegabas á cola ás nove, non entrebas a tempo.

IFEVI pim-pam-pum, cabróns fillos deputa

Anónimo dijo...

Home, mentira, mentira...
1) Na miña entrada puña BOB DYLAN 21:30.
2) A prensa minte, xa debería sabelo.
3) En canto ás contas co teloneiro e a que ás nove estivera todo o mundo na cola facendo contas co teloneiro... É xusto o que di O Vicario.